Back to All Events

Memórias Líquidas - Do Audible 2017 - Galicia, España

  • Museo Galego do Entroido 27 Rúa Dous de Maio Xinzo de Limia, GA, 32630 Spain (map)

O Museo Galego do Entroido acolle o concerto Memorias líquidas coa presenza do percusionista brasileiro Luís Bittencourt nun espectáculo que, ademais de lembrarnos a auga como elemento precioso, demostra as súas capacidades como instrumento musical. 

Memorias líquidas é un concerto con obras para percusión que utilizan a auga como obxecto de exploración artística, sexa de forma simbólica ou mesmo real, a través da manipulación do líquido como instrumento musical. Ademais de lles render unha homenaxe á auga como un elemento precioso para a vida humana e aos compositores que a utilizaron como inspiración para a creación de obras peculiares da música dos séculos XX e XXI, este espectáculo procura instigar a curiosidade e, ao mesmo tempo, contribuír a achegar o público á estética musical contemporánea a través da gran familiaridade que teñen as persoas con este elemento. 

En 2017, o ciclo Do Audible aborda a relación da música coa arte da caligrafía xaponesa, a auga, a zooloxía e o corpo humano. Abrir novos horizontes na creación musical contemporánea. Ese é o obxectivo do ciclo Do Audible, que en 2017 chega á súa quinta edición, organizado pola Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, coa intención de seguir creando novos formatos para a experiencia musical.

 


Copyright © 2018 - Luís Bittencourt